Noticias/news

6/08/2009

Premio MERLIN de literatura infantil 2009

Convocado por Xerais, o Merlín é un dos premios de literatura infantil máis prestixiosos do panorama nacional. Este ano fun invitado pola editorial a participar coma membro do xurado que otorga estes galardóns pola miña laboura coma ilustrador e supoño tamén por seren membro do estudio baobab (de referencia xa na nosa comunidade) e presidente da AGPI. Foi un pracer ler as vintecinco obras presentadas a consurso, e determe no seu análise: lín dunha forma crítica e reflexiva coma había tempo que non facía, e apliquei coñecementos da miña formación coma filólogo que cría xa esquecidos, polo que foi estupendo recuperar esta bagaxe educativa e darlle uso. E finalmente foi unha honra descobrir que finalmente o gañador do certame ía ser Jacobo Fernández, un bo amigo, extraordinario ilustrador e magnífico inventor de historias. Non podo estar máis satisfeito do meu paso polo xurado, coñecín aos demais membros, persoas de valía nos seus campos e amabilidade supina, que aturaron a miña vehemencia e coido que ata disfrutaron dela: Rosana Estévez (contacontos e membro de Espazo Lectura) admiradora confesa do meu traballo, Mercedes Pacheco (tradutora) agradabilisima muller de sorriso amplo e luminoso, Mª Xesús Pereiro (escritora infantil e profesora), gran defensora do libro gañador e de falar pousado, Xan Guillén (profesor e coordinador do Premio Literario Frei Martín Sarmiento) home de absoluta afabilidade co que compartín criterio e voto clave no fallo final. E consolidei novamnte a miña xa boa relación con Helena Pérez, editora vocacional coa que da gusto falar e traballar. A todos eles, encantado de ter compartido esta experiencia con vos. Toda a info do acontecido na illa de San Simón, aqui

Etiquetas: , ,