Noticias/news

7/14/2009

premio BIBLOS

O venres 10 de xullo asistín de invitado (xunto co meu amigo Manel Cráneo, co que xa asistirá tamén aos premios Xerais) á cerimonia de entrega dos premios BIBLOS de literatura a novos talentos. O acto celebrouse no xa tradicional recinto da Casa Grande de Bachao, preto de Santiago. Disfrutei do evento, nun espacio privilexiado e coa agradable compañía do propio Manel, de Xavier Docampo, premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, de Camilo Franco, escritor e periodista, de María Xesús, directora das Biblioteca de Oleiros, de Belén Regueira, periodista e presentadora de múltiples espacios na CRTVG. Tamén andaban por aló outras personalidades da cultura galega. A xornada, organizada magníficamente por Carmela González e Tucho Calvo e co apoio de Pazos de Galicia, discorreu nun ton moi familiar e cercán, a cea foi exquisita e xa que logo procurarei asistir ás vindeiras ocasións. Por certo, o premio acadouno o rapaz arzuán Pablo García (olliño con el, ten casta e persoalidade dabondo para irrumpir na escea literaria galega dentro dun tempiño).

Etiquetas: , ,